26.4.10

A Pobra do Caramiñal: o Equipo de Normalización do instituto traduciu Wackwall, co que podes crear a túa rede social en galego

Crea a túa propia rede social en galego

O ENDL do IES da Pobra do Caramiñal pon a disposición de todo o mundo a tradución que vén de realizar da plataforma de creación de redes sociais Wackwall. Este servizo aínda está nos seus comezos, pero xa ofrece interesantes posibilidades. É social, de balde, sen publicidade e ten en desenvolvemento funcionalidades como a creación de grupos e eventos ou o aloxamento de arquivos. Confiamos en que tales condicións se manteñan, aínda que na rede nada é seguro. De feito, esta iniciativa parte do anuncio feito por Ning -onde abrimos varias redes educativas- de que deixa de ser gratuíto.

Tras traducir as 1.200 cadeas, aproximadamente, puxémonos en contacto coa plataforma para solicitar a inclusión do galego entre as (primeiras) linguas que se ofrezan como activábeis na administración de calquera sitio web aberto en Wackwall. Entregámoslle o arquivo e agardamos que esta opción non tarde en ser incorporada.

Mentres, para ter a túa rede en galego, sigue estes pasos:

  1. Descarga a versión en galego aquí (.ZIP), descomprímea e gárdaa nunha carpeta do teu computador.
  2. Entra na Administración (Admin) do teu sitio Wackwall e, despois de xestionar os plugins que che interesen, accede a Linguas (Languages) e preme en Linguas dispoñíbeis (Available Languages).
  3. Unha vez aí, clica en clonar o Inglés (CLONE); abrirase unha ventá que solicita o nome da lingua (pon Galego) e o ISO tag (pon gl-GZ). Terás o galego como lingua inactiva. Pois agora activa o Galego e desactiva o Inglés.
  4. Se tes a copia que chamaches Galego activa, elimina o Inglés (é importante facer isto).
  5. Engade abaixo os ficheiros .XML que descargaches, un a un (polo de agora non acepta o .ZIP), marcando as casiñas correspondentes e seguindo de cada vez o proceso que se indica. Xa terás o teu sitio galeguizado.

Cando se incorporen novas funcionalidades, actualizaremos este arquivo.

En relación con iso,unha das eivas actuais de Wackwall é carecer de editor, aínda que as caixas de texto admiten HTML. Xustamente, estamos a elaborar unha guía cos elementos da linguaxe HTML máis necesarios e empregados, que tamén pode ser útil para revisar anotacións de blogue e outros espazos de publicación na rede. Achegarase aquí en breve.

Parabéns por esta iniciativa, pero temos que confesalo: nunca escoitaramos falar de Wackwall. Dará resultado? Paga a pena outra rede social en galego se xa está en galego http://cabozo.com?

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical