Antón Alcalde Rodríguez, compositor rianxeiro
Rianxo, 26 de abril de 2010. O vindeiro sábado, Día do Traballo, este 1 de maio de 2010, a Banda da Escola de Música de Rianxo cumpre xa sete anos. Vaino celebrar cun concerto monográfico do seu músico e compositor mozo máis senlleiro nestes momentos: Antón Alcalde.
A partires da unha da tarde, no auditorio rianxeiro, o programa será:
· Rúa da Fonte
· Suite Galaica.
· Pinocho.
· Serengetti.
· Pórtico.
· Contos da Aldeia.
Tanto Rúa da Fonte, como Serengetti e Contos da Aldeia son pezas de Alcalde que se estrearán este Día dos Pepes.
Relacionada: Antón Alcalde, premiado no certame da Federación Galega de Bandas de Música
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario