Con párrafos tan chamativos como:
"Nesa Galicia que é Ruanda, desencadeouse, entre vales e montañas tinguidos de sangue para sempre, un xenocidio[1] en abril de 1994. A maioría hutu (85 % da poboación do país) emprendeu a matanza sistemática da minoría tutsi (14 %) que detentara tradicionalmente o poder. Dende os departamentos universitarios, dende os Laboratorios, unha manchea de intelectuais e profesores elaboraran previamente un discurso ideolóxico racista, unha versión concreta do pasado, da historia e da identidade: o tutsi era un pobo estranxeiro (négaselle a condición de ruandés), unha raza extraña, nilótica (son os Outros), que colonizou o país, explotando, escravizando e deturpando aos seus verdadeiros fillos, afundíndoos na miseria, na humillación e na fame. As ondas radiofónicas espallan a chamada á recuperación da identidade, da dignidade hutu, exhortan á aniquilación dese cancro parasitario, desa anomalía tutsi na paisaxe de Ruanda. Dende a radio desencadenouse a metástase do odio".
Lea o capítulo completo en http://certo.es/index.php?page=save_the_children
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario