27.3.11

Política: o líder socialista critica as trabas de Feijóo para sanear e depurar a Ría de Arousa e centrouse na depuradora de Ribeira

Pachi Vázquez dixo que “deixamos licitadas tódalas depuradoras das rías galegas, dende A Guarda a Ribadeo, agás as de Sanxenxo e Ribeira, cuxos concellos puxeron tódalas trabas posibles. En total licitamos 22 depuradoras, cun investimento de 636 millóns de euros”.

Catoira  (Pontevedra),  27 de marzo de 2011.- O secretario xeral dos socialistas galegos Manuel Pachi Vázquez salientou o esforzo do PSdeG-PSOE para sanear e depurar a ría de Arousa. Afirmou “fomos nós quen puxemos en marcha o sistema de saneamento integral desta Ría. Promovemos as depuradoras de Catoira, O Grove, Ribadumia, Corrubedo e Ribeira, e dotamos ás depuradoras xa construídas de sistemas de desinfección de coliformes”. Pachi Vázquez fixo estas declaracións na localidade pontevedresa de Catoira, onde participou no xantar da 7ª Festa da Rosa de apoio á candidatura socialista de Catoira , na que se presenta o actual Alcalde, Alberto Garcia.

“Deixamos licitadas tódalas depuradoras das rías galegas, dende A Guarda a Ribadeo, agás as de Sanxenxo e Ribeira, cuxos concellos puxeron tódalas trabas posibles. En total licitamos 22 depuradoras, cun investimento de 636 millóns de euros”, espetou. Pachi Vázquez argumentou que a Ría de Arousa é a mais singular de Galicia e a de maior riqueza marisqueira. Por iso dixo “fixemos un gran esforzo para conseguir sanear e depurar todas as augas que chegan a ela”. 

Ribeira é dos concellos que máis contamina a ría

Pero ao fío desto denunciou que “todo o que fixemos, parouno ou o restrasouno a Xunta de Feijóo, empezando pola depuradora de Ribeira, que é dos Concellos que máis contamina esta ría e aínda non se sabe nada dela”. E advertiu ademais da nefasta de política pesqueira e marisqueira.

E aludiu a supresión do Seguro colectivo do Mar, deixando a máis de 4.000 mariñeiros e mariscadoras desta ría, e 30.000 de toda Galicia, sen  seguro de accidentes dende outubro do ano pasado. Tamén criticou a supresión da axuda ás mariscadoras para poder cobrar a xubilación.

Sobre a nova Lei de augas considerou que ten un afán totalmente recaudatorio, “subindo o canon da auga un 140%, e non garantindo o saneamento e a depuración das augas residuais, nin da ría”. E resumiu “a Xunta non fai nada por esta ría, pero tampouco fai nada por Catoira”, sentenciou.

Non dixo nada das gaiolas de salmón

Curiosamente, o líder actual do Psoe galego non dixo nada sobre a polémica das gaiolas para criar salmón na Ría de Muros e Noia agora mesmo, unhas infraestruturas que xa se tiveran que retirar da Ría de Arousa ante as masivas protestas das xentes do mar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical