Quen organiza?
A Irmandade da Paixón de Cristo é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en febreiro de 2011. Os seus estatutos foron aprobados po-lo Arcebispo de Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2011, e foi inscrita no Ministerio de Xustiza en Outubro de 2011.
As finalidades desta Irmandade son:
- Promover e impulsar todas as tradicións e actos que se celebran na parroquia de Sta. Comba de Rianxo durante a Semana Santa.
- Animar á participación activa dos rianxeir@s en todos os actos desas datas.
- Coidar e conservar, na medida das nosas posibilidades, imaxes e demais elementos relacionados coa Semana Santa rianxeira.
Na Semana Santa 2011 comezaron con preto de 110 socios adultos e preto de 30 aspirantes (menores de 18 anos). Este ano incorpóranse case 30 socios adultos mais e sobre 15 aspirantes. O mais novo, ao que se lle imporá a medalla de socio, ten menos de un mes, e os máis vellos pasan dos 80 anos.
Teñen varios xeitos de contacto:
Correo electrónico: paixoncristorianxo@gmail.com.
Facebook Irmandade da Paixon de Cristo
Teléfono: 662070579
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario