Noia, 12 de marzo de 2012. O acto cultural máis relevante deste mes en Noia está´relacionado cun dos persoeiros máis notables que deu a vila no mundo das Letras: Antón Avilés de Taramancos. Cúmprense 20 anos do seu pasamento e, por este motivo, haberá un encontro poético entre Yolanda Castaño, Ana Romaní, María Xosé Canitrot e Eva Veiga. Será a partires das 20:30 na casa da cultura que leva o nome do homenaxeado. Quen foi Antón Avilés de Taramancos?O seu artigo na GalipediaHomenaxe a Antón Avilés de Taramancos (libro dixital)
Noia: o Consello da Cultura emite en Youtube unha homenaxe a Antón Avilés de Taramancos con poemas lidos polo autor post.ly/5wDDd
— Certo (@Certo) March 12, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario