- Este venres 16, no pleno, lerase e someterase a votación unha declaración a prol dos dereitos das mulleres
Dodro, 12 de marzo de 2012. O pasado día 8 de marzo, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro, co gallo do Día Internacional da Muller realizou unha exposición das mulleres emprendedoras dos últimos tempos e homenaxeou a 14 mulleres de Dodro.
O acto, moi concorrido, celebrouse no salón de plenos do concello. As homenaxeadas recibiron un pequeno agasallo e relataron a súa vida e o seu traballo.
Entre as homenaxeadas atopábanse dúas mozas, en representación das novas xeracións de Dodro: Ilanda Eiras Moreiras, de 34 anos, escritora e músico, que agasallou aos asistentes coa súa voz e a súa guitarra cunha canción composta por ela; e Trinidad Romero Ferreirós, tamén de 34, pintora que amosou algúns dos seus cuadros.
O resto das homenaxeadas por unha vida dedicada ós eu traballo, algúns deles moi duros, foron:
Mª Josefa Pérez Fariña, rosquilleira de Lestrobe
Eva Castro Lavandeira, floristeira de Lestrobe
Mª Milagros Romero Tourís, de Bexo, por unha vida adicada a coidar dos seus familiares dependentes (agora atende a 4, seu home, seu cuñado e seus pais). Durante o acto foi unha das traballadoras mais eloxiadas polos alí presentes.
Mª Urbana Ferro Reboiras, carteira de Rial de Lagoa, agora xa prejubilada.
Inés Angélica Rodríguez Boga, da aldea de Vigo, coidadora de persoas dependentes.
Obdulia Reboiras Tourís, ama de casa e labradora
Mª Dolores Franco Bondad, perruqueira durante 47 anos de Bexo
Marina Boga Ramallo, operaria de fábrica e xa xubilada
Dolores Moreiras Rodriguez, costureira
Rosa Baleirón Tubío, traballadora de campo de A Devesa con 83 anos
Ramona Romero Rey, emigrante de Bexo que relatou o moito que lle custou deixar aquí ós seus fillos para emigrar a Suíza.
Leonor Fernández González, a máis vella de todas, con 91 anos, mestra xubilada.
No transcurso do acto, leuse unha declaración que se levará á aprobación do Pleno o vindeiro venres día 16 de marzo, no que o Concello de Dodro "manifesta a súa vontade de traballar decididamente polo recoñecemento das capacidades e valía das mulleres e potenciar todas aquelas accións que melloren a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. Comprométese a seguir traballando para a definitiva eliminación de todas as formas de violencia contra as mulleres, moi especialmente a violencia de xénero, un dos máis graves males da nosa sociedade. "No difícil e complexo momento que vivimos, os nosos esforzos teñen que estar tamén ao lado das mulleres en maior situación de vulnerabilidade, moi especialmente as mulleres soas que son únicas responsables das súas familias. Faise estensible este compromiso a toda a cidadanía para que, conxuntamente, poidamos camiñar cara a unha sociedade máis respectuosa, tolerante, democrática e próspera, con oportunidades para todas as cidadás e cidadáns, sen que existan diferenzas entre mulleres e homes".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario