25.4.11

Noia: a restauración da Pedrachán, premiada en sexto lugar no V Galardón de Arquitectura Ascensores Enor

Media_httpfarm4static_jfeup

Máis imaxes da Pedrachán restaurada, aquí

Noia, 25 de abril de 2011. A restauración dos muíños e área da Pedrachán, en Noia, non cesa de recibir premios e distincións. Como xa informaramos en decembro de 2010, este traballo deseñado polo estudo de arquitectura Salgado&Liñares, obtivo o I Premio "Manuel Gómez Román" de Arquitectura, e agora vén de ser recoñecido como finalista -no sexto lugar de 350 proxectos presentados- do V Premio de Arquitectura "Ascensores Enor", cuxo xurado estivo presidido desta volta polo prestixioso arquitecto César Portela. Este galardón, patrocinado pola coñecida marca de elevadores, premiou en edicións anteriores obras tan importantes como a do Metro de Oporto ou o Museo de Arte Contemporánea de León.

As deliberacións do xurado déronse a coñecer este mes e os escollidos teñen de data límite para a entrega de documentación para o libro que se edita con todos os traballos escollidos ata este sábado 30 de abril. O libro do V Premio de Arquitectura Ascensores Enor imprimirase entre setembro e outubro e será presentado o 14 de novembro nun acto oficial no que se integrarán a entrega de premios e a exposición das obras finalistas no teatro-sala de concertos do centro cultural NovaCaixaGalicia de Vigo (antes Caixanova), onde estarán presentes todos os integrantes do xurado.

O traballo do xurado non foi nada doado: ao premio presentáronse 350 proxectos, dos que se cribaron ata quedar 94. Logo de dous días de deliberación, destes 94 -os cales conformarán a exposición desta V edición- tiveron que escoller aos 45 finalistas que optaban ao Gran Premio Ascensores Enor, e aos catro premios territoriais de Galicia, Portugal, Castilla León e Madrid e ao premio Arquitectura Joven que recoñece a mellor obra dun arquitecto menor de 40 anos de entre todas as presentadas ao certame.

César Portela presidiu o xurado, no que Carlos Quintáns fixo de secretario, Ángela García de Paredes, e tamén estiveron Moisés Puentes Rodríguez, Fernando Díaz-Pines Mateo, João Luis Carrilho da Graça e Víctor López Cotelo (gañador este último da edición anterior). A organización síntese satisfeita da composición deste xurado, do que destaca a súa independencia. Carlos Quintáns, o secretario, falou do "diálogo muy fluido entre todos los miembros, lo que permitió un debate necesario para abordar un volumen tan grande de candidaturas y en el que se puso de manifiesto las distintas sensibilidades y enfoques a la hora de valorar los proyectos.”

Dos 45 finalistas, 8 son proxectos escollidos entre os 76 presentados desde Galicia, seis son dos 42 procedentes de Madrid, seis igualmente son de entre os 32 que teñen orixe en Castilla-León, o mesmo número foron seleccionados dos 69 candidatos procedentes de Portugal, e 19 finalistas elexidos entre os 131 proxectos presentados do resto de España.

A dotación económica dos premios ascende a 30.000 euros e tanto gañadores como finalistas serán incluidos nun libro que xa se considera un clásico da literatura arquitectónica ibérica.

O Grupo Ascensores Enor, con sede en Vigo, iniciou aa convocatoria deste premio de arquitectura en 2005, coa intención de premiar e axudar a difundir a mellor arquitectura que se proxecta e executa na Península Ibérica. A solvencia dos xurados de cada edición foi un dos rasgos característicos dun certame no que existe un gran respecto polas decisións tomadas en cada edición, que logo se ve apoiado polos feitos, como por exemplo, que un gañador do Premio Ascensores Enor de arquitectura, Eduardo Soto Moura, fora quen de acadar o Premio Pritzker neste mesmo ano 2011.

Quere ver a Memoria desta restauración premiada?

null                                                            </object>

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical