O vindeiro martes, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán, como cada ano, ós nenos e nenas de Rianxo. Haberá Cabalgata de Reis e Belén Vivinte. Este ano ademais, os paxes das SSMM os Reis Magos pasarán polas distintas parroquias a recoller as cartar de todos os nenos e nenas e a repartir caramelos.
As SSMM os Reis Magos sairán ás 18:00 horas do Ceip Castelao, seguirán por Rianxiño e Rinlo ata a Praza Castelao, onde ás 18:30 horas serán recibidos no Concello e realizarán a ofrenda ó Belén Vivinte. A continuación seguirán co seu desfile polas rúas da Vila e visitarán a Igrexa Parroquial, onde repartirán caramelos, sobre as 19:30 horas.
Este ano ademais os paxes das SSMM os Reis Magos pasarán polas distintas parroquias a recoller as cartas de todos os nenos/as de Rianxo e repartir caramelos. Acudirán ao remate das misas dos días 1 e 3 de xaneiro nestes horarios:
Venres 1 de Xaneiro:
- Araño: logo da misa de 10:00 h
- Isorna: logo da misa de 11:30 h
- Taragoña: logo da misa de 12:30 h.
Domingo 3 de Xaneiro:
- Leiro: logo da misa de 10:30 h
- Asados: logo da misa de 11:30 h
- Rianxo: logo da misa de 12:00 h
En caso de choiva, a recepción trasládase á Igrexa Parroquial.
Cine para nen@s
Tamén o vindeiro martes, 5 de xaneiro, ás 11.30 horas, no Auditorio de Rianxo, realizaráse a proxección da película "O Sono dunha noite de San Xoán", baseada na obra de William Shakespeare.Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Esta película obtivo un premio Goya da Academia Española á mellor película de animación (xaneiro de 2006).
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario