20.12.12

Ribeira: Renacer alíase co Concello para recomendar á mocidade que se modere co alcol

Ribeira_alcol

 

Ribeira, 20 de decembro de 2012.- Coincidindo coa festividade de Nadal, o Concello de Ribeira e a Asociación Renacer, coa colaboración da Asociación Abril e Iniciativa Xove, decidiron lanzar unha campaña de sensibilización encamiñada a un consumo responsable entre a mocidade. O seu nome, “Co alcohol, elixe ben as túas cartas”. 

A concelleira de Ecudación, Mª Carmen Vizcaya; a psicóloga de Renacer, Mª del Pilar Quintela; e Mario Vidal como técnico municipal de Xuventude, foron os encargados de explicar esta iniciativa, que se está a materializar no reparto duns carteis informativos en establecementos dispensadores e centros de ensino.

Tal e como reflectiu Mª del Pilar Quintela, o obxectivo é xerar reflexión entre os xóvenes a través das mensaxes e consellos contidos nestes soportes, tales como o de tomar tragos máis curtos, deixar o vaso na barra entre trato e trago, non mesturar cervexa e licores xuntos, botarlle máis refresco aos combinados e, por suposto, non conducir no caso de que un beba.

Outras accións

Ademais, tanto Vidal como Quintela lembraron outras accións enfocadas a un consumo moderado como poden ser, no caso de Renacer, a campaña desenvolvida no pasado Nadal dentro do Proxecto Alcohol para informar sobre a nova lei reguladora deste tema, a charla impartida polo responsable da Consellería de Sanidade, Jorge Suances; ou os talleres desenvolvidas nos colexios e autoescolas.

Pola súa parte, o técnico de Xuventude recordou a posta en marcha dun programa de ocio alternativo sobre cultura urbana (breakdance, graffiti...) ou a instalación dunha barra de cócteles sen alcohol coincidente cos concertos celebrados no parque García Bayón nas pasadas festas de Santa Uxía, que tamén deron cabida a unhas xornadas de seguridade viaria.

Mª Carmen Vizcaya, que aplaudiu a nova iniciativa, lembrou que o exceso de alcohol é unha causa de preocupación non só entre os mozos senón tamén entre os maiores, que poden tomar boa nota dos consellos apuntados nos novos carteis.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical