O concurso foi convocado polo Concello e o premio é unha viaxe a Santiago
León do Congreso. Flickr de Pegatina1
Ribeira, 25 de xaneiro de 2011.-O Concello fallou xa a segunda edición do Concurso Escolar Todos e todas somos Constitución dirixido aos alumnos de Primaria do municipio co fin de sensibilizar á infancia acerca dos valores, dereitos e obrigas que recolle a nosa Carta Magna. Houbo seis traballos presentados que foron elaborados por grupos de entre 15 e 26 alumnos, pertencentes aos CEIP O Grupo, colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e o CEIP de Palmeira. O traballo gañador (primer e único premio do certame) levaba como título O pasapalabra, e foi realizado por un grupo de 26 alumnos de 6º de Primaria do colexio Sagrado Corazón de Castiñeras. Obtivo 22,75 puntos.O premio para estes alumnos, xunto coa súa mestra Raquel Mariño Pego, consistirá nunha viaxe no mes de febreiro a Santiago de Compostela, que incluirá visita oficial ao Parlamento Galego, xantar e visita á Cidade da Cultura.
A segunda posición foi lograda por tres grupos de alumnos que acadaron a mesma puntuación (21,5): “Os de quinto”, traballo desenvolvido por rapaces de 5º de Primaria do CEIP O Grupo, “A nosa Constitución” a cargo de alumnos de 6ºA do CEIP de Palmeira; e “A Constitución”, por nenos de 6ºB do mesmo centro educativo. “A Constitución”, de quinto de Primaria do CEIP de Palmeira obtivo 18,5 puntos, mentres que “Érase unha vez”, de 5º do colegio Sagrado Corazón logrou 17 puntos. O xurado estivo presidido polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Educación, Luciano Fernández e Juana Hermitas Crugeiras, respectivamente. Participaron como vogais, Alicia Padín, normalizadora lingüística do Concello; Pilar Casas, dinamizadora do museo municipal; e Unai González, técnico de Cultura. Actuou de secretaria Montserrat Iglesias. Os criterios valorados foron a orixinalidade e creatividade (concepto que puntuou un máximo de 2 puntos por cada membro do xurado), presentación do traballo (máximo de 2 puntos), redacción e ortografía (ata 2 puntos) e rigor científico (ata 4 puntos).Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario