A Pobra do Caramiñal, 24 de xaneiro de 2011. Os socialistas da Pobra presentaron unha moción para que se asfalte tan axiña como sexa posible a deteriorada rúa Luís Seoane deste concello.
A moción íntegra:
Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitar o arranxo da rúa Luís Seoane.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A rúa Luís Seoane, que vai desde a Gavoteira ata os Areais, é un rosario de baches pese a ser unha rúa céntrica. O deterioro da estrada convírtese no principal tema de conversación entre os veciños e usuarios da mesma porque levan soportando ese deplorable estado dende hai longo tempo.
O estado do firme é penoso e xera un risco real aos vehículos xa que poden sufrir desperfectos e ademais algúns andan en zigzag par evitar os buratos do asfalto.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte
ACORDO:
O goberno municipal fará unha actuación urxente de asfaltado da rúa Luís Seoane, co fin de evitar riscos nas persoas que deambulan por estes lugares e así mesmo evitar que os vehículos se deterioren.
Información na Galipedia, aquí
Páxina da Fundación Luís Seoane, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario