Estes novos pérmex sumaranse aos 434 vixentes e, deste xeito, a Consellería cumpre coa demanda realizada pola confraría ao abeiro do seu plan de explotación de moluscos bivalvos para o 2011. Mar tamén convoca 5 pérmex para percebeiros a pé en Muros
Exposición con trebellos para mariscar a pé e dende embarcaciónNoia, 25 de xaneiro de 2011.- A Consellería do Mar outorgará 40 permisos de explotación máis para os mariscadores de a pé da confraría de Noia. Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita á confraría desta localidade, onde mantivo un encontro cos seus representantes para escoitar de primeira man as súas demandas. Estes novos permisos de explotación súmanse aos 434 pérmex vixentes nesta confraría. Durante a xuntanza, á que tamén asistiu a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, tratáronse ademais deste asunto, outros que afectan ao pósito. Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.
Noia destaca en Galicia polos seus berberechos

Cinco novos pérmex para percebeiros en Muros
A maiores, o departamento que dirixe Rosa Quintana, aprobou a convocatoria de 5 novos permisos de explotación a pé para percebe na confraría de pescadores de Muros. Poderán obter estas prazas aqueles que cumpran os requisitos que recolle o Decreto 425/1993, do 17 de decembro modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio. Terán 15 días hábiles a partir de hoxe para presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. Estes 5 permex súmanse aos 9 permisos de explotación a pé para percebe cos que actualmente conta a confraría de Muros. Con estes 45 novos permisos en total, a Consellería atende a unha demanda das confrarías despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario