A Pobra do Caramiñal, 1 de decembro de 2010. O próximo 10 de decembro, de nove a once da noite, haberá un concerto para celebrar o centenario da capela de música Lauda Sion. Será na praza da Fonte dos Catro Canos. A Capela Lauda Sion foi fundada na Pobra do Caramiñal no ano 1910 polo mestre Ricardo Fernández Carreira (1881-1959). En 1921 consegue a praza de director da Banda Municipal de Santiago de Compostela, onde se traslada para continua-la sua carreira musical. Sucédelle na dirección e órgano da Capela Xosé Fontán Martínez, que continua o traballo de Fernández Carreira, aumentando a plantilla do coro e, segundo os gustos da época, incluindo diversos instrumentistas de corda e vento. Quedou así consolidada a continuidade da Capela, que ao longo dos seu século de vida somentes interpretou música sacra, dende o canto gregoriano á máis escolleita polifonía. Foron moitos os músicos e cantores de varias xeracións que contribuiron co seu traballo e profesionalidade nos éxitos artísticos da Capela Lauda Sion tanto en cerimonias da Igrexa coma en concertos. No 2003 créase a Asociación Musical Lauda Sion co obxetivo de dar soporte á Capela, incrementa-lo nivel artístico e formativo, xestiona-lo patrimonio musical acumulado en forma de partituras, publicacións, orixinais e manuscritos, correspondencia de grande interese, instrumentos, etc. Ademáis, ampliase o campo de actuación coa restauración e edición de obras musicales.
(Vía MySpace)Vía Facebook do director desta capela, Alexandre Fontán
(Vía MySpace)Vía Facebook do director desta capela, Alexandre Fontán
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario