Ribeira, 1 de decembro de 2010. Nenos e nenas dos distintos centros educativos de Primaria de Ribeira vanse concentrar mañá no auditorio municipal co fin de asistir á proxección da película de animación “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”: unha actividade que está organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello co fin de fomentar o coñecemento e uso da lingua galega entre a poboación infantil. A proxección da película, que se desenvolverá a partir das 9.30 horas, axudará aos pequenos a gozar da linguaxe cinematográfica nunha película que, segundo o seu director Alex Colls, “naceu e se desenvolveu como dirixida aos máis pequenos”. Ademáis, a acción permitirá que os nenos poidan ver cinema en galego tamén en pantalla grande, e non só na televisión que é ao que están afeitos. “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”, dirixida no ano 2010 por Alex Coll, é unha película de animación pertencente ao xénero de aventuras.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario