- “Si eu tivese un Picasso na casa, nunca o poñería na miña declaración de bens”, afirmou o alcalde do PP en Ribeira Manuel Ruíz Rivas
- O grupo do PP no pleno chegou a asegurar que "os políticos non teñen que dar un exemplo que o resto da sociedade non dá"
- O PSOE salienta que en Ribeira operaron empresas implicadas na trama Gürtel, que inda se está a investigar nestes días coas declaracións do ex tesoreiro do PP Luís Bárcenas
Ribeira, 4 de abril de 2013. Segundo denuncian hoxe en nota de prensa os socialistas de Ribeira, no pasado pleno, este grupo municipal do PSdeG-PSOE "ofreceu a oportunidade ao Grupo Popular de cumprir o compromiso do seu partido de facer públicas as declaracións de Patrimonio e Ingresos dos responsables institucionais. Aproveitando unha iniciativa plenaria do BNG os socialistas propuxemos unha “emenda transaccional” para que se publicasen na páxina web do Concello as declaracións de Bens e Ingresos dos membros políticos da corporación, ao que o Alcalde e o seu grupo se negaron de forma rotunda, alegando que “os políticos non teñen que dar un exemplo que o resto da sociedade non dá”.
O 15 de xuño de 2009 a Comisión Executiva da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) aprobou por unanimidade o Código de Boas Prácticas do Gobierno Local. Dita comisión, integrada por membros do PSOE, PP e outras forzas políticas, propoñían entre outras cousas facer públicas as declaracións de bens e de patrimonio dos responsables políticos municipais. "Moito choveu dende o 2009, pero hoxe máis que nunca son necesarias medidas que aumenten a transparencia nas institucións. A trama Gürtel, Campión, Pokémon e unha morea de casos de corrupción salpican a xeografía galega desprestixiando aos representantes do pobo, indistintamente das siglas de cada un. Sen embargo, o rexedor ribeirense considérao un agravio que pon en tea de xuízo a súa honradez. Nada máis lonxe da realidade, pois non se propuso que se fixesen públicas só as súas declaracións, senón as de todos os membros da corporación municipal", argumentan dende o Psoe local de Ribeira.
Gürtel en Ribeira
"O Alcalde parece descoñecer o propio concepto de transparencia can-
do se pregunta porqué el e non un fontainero, un médico ou un enxeñeiro, non se lle esixe o mesmo. Pois claramente porque o seu soldo sae de fondos públicos, dos nosos petos e os traballadores ou profesionais amentados non obteñen o seu soldo ou emolumentos do erario público! Así de sinxelo! A transparencia é a mellor medicina para evitar a corrupción, e en Ribeira esa
medicina fai tanta falta como no resto das institucións galegas. Acaso non traballaron para a administración local de Ribeira empresas investigadas na trama Gürtel? Non son habituais os comentarios cidadáns sobre os “presuntos enriquecementos ilícitos” dos cargos políticos? Poñámoslle remedio entón. Fagamos de Ribeira unha cidade máis transparente e sigamos traballando para mellorar a nosa cidade", rematan os socialistas ribeirenses.
O anterior alcalde, como senador, ten que facer declaración de bens e está colgada en Internet
Non se entende a postura do actual alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, que fora antes de presentarse como candidato á alcaldía Portavoz do Grupo Popular no Parlamento, sobre a transparencia debida dos funcionarios públicos. O seu compañeiro de partido, ao que sucedeu na alcaldía, Torres Colomer, ten que facer declaración de bens, que se pode observar na páxina web do Senado español. Inda que non sexa moi crible (ten en depósitos en contas correntes a metade do que declarou no último IRPF, logo de décadas en postos como a presidencia da Deputación, alcaldía e senado), no caso de falsidade correspóndelle investigalo a un xuíz pero aos cidadáns sempre nos interesa saber se os políticos están para servirnos ou para enriquecerse co cargo ou favorecer aos amigos. E choca inda máis a postura de Ruiz Rivas cando é o seu partido, a nivel nacional, o que está promovendo unha Lei de Transparencia e, inda que non ofreza explicacións abondo, disque intenta loitar contra a corrupción.
Declaración de Bens de Torres Colomer (senado.es)
Relacionada:
Transparencia: o alcalde de Noia publica a súa nómina na web
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario