30.12.10

A Pobra: organizan un curso de iniciación á fotografía e un torneo de baloncesto para a vindeira semana

A asociación xuvenil Reviravolta en colaboración con Xuventudes Socialistas preparan estas actividades entre o luns 3 e o martes 4 de xaneiro


A Pobra do Caramiñal, 30 de decembro de 2010. O cursiño de iniciación á fotografía ten unha duración de dúas xornadas, a do luns e a do martes. Será no salón de actos do Instituto Social da Mariña, enriba da biblioteca municipal. Impárteo Martín García García, en horario de seis a oito da tarde ambos os dous días. No curso preténdese que os inscritos aprendan nocións básicas sobre manexo de cámaras e mellorar a súa técnica á hora de captar imaxes.

Entrada libre e gratuíta. Os organizadores animan a todas as mozas e mozos da Pobra "que queiran mellorar os seus coñecementos sobre expresión gráfica".

Torneo de baloncesto 3x3

O martes 4 de xaneiro, no polideportivo municipal de Venecia, a partires das catro da tarde. Haberá trofeos, xentileza dunha xoiería rianxeira, para o equipo campión e o que acade o subcampionato, para o mellor triplista e para o mellor equipo mixto.

A inscrición é gratuíta e poden participar equipos masculinos, femininos e mixtos. O prazo para anotarse remata ás dez da noite do luns 3 de xaneiro no teléfono 617 99 92 87.


Colombofilia o domingo 9 de xaneiro


Por outra banda, o domingo 9 de xaneiro reúnense na Pobra afeccionados á colombicultura (cría de pombas mensaxeiras), unha modalidade deportiva que ten unha federación cada día máis numerosa, pois pasa dos 22.000 inscritos en toda España e supera deste xeito a moitos deportes como hockey, xadrez ou triatlón.

Nesta bisbarra está o club colombófilo Arousa Norte, que é o que organiza esta IV Exposición de Pombas Mensaxeiras durante toda a mañá do domingo na Casa Mariñeira da Pobra.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical