10.7.10

Arte: "O soño das cores", sete autores galegos contemporáneos expoñen no auditorio ata o 10 de agosto

Cadro de Marina Cocós, unha das artistas qe expoñen

Ribeira, 10 de xullo de 2010.- O Auditorio Municipal acubilla ata o día 10 de agosto a exposición colectiva “O Soño das Cores”, na que se exhibirán un total 45 creacións pictóricas e escultóricas pertencentes a sete autores do panorama artístico contemporáneo galego. 

A iniciativa está promovida pola Asociación Galega Arte e Cultura (AGAEC) e recibiu a colaboración do Concello a través da súa Área de Cultura e Festexos, no obxectivo do departamento que dirixe Luciano Fernández de achegar aos veciños do municipio a arte en todas as súas facetas creativas.

Cadro de Carmen Sevillano

Nesta mostra participan as pintoras Marina Cocós, Aurora G. Pombo, Esther Molinero Ñacle, e Carmen Sevillano, e o pintor Manuel Nieto. 

Fran Lareo (á dereita de todo) xa estivo en Ribeira con "Figuramas" o ano pasado

No que respecta ao apartado escultórico, participará o brionés Fran Lareo, quen xa en agosto do ano pasado participara no recinto de mostras riveirense coa súa exposición “Figuramas”. Por último, Pepa Mariño exhibirá traballos nas dúas modalidades creativas.

Escultura de Pepa Mariño, chamada "Bailarina"

AGAEC é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 2004, integrada por preto de trinta artistas plásticos, ademais de poetas, músicos e outros colaboradores. O obxectivo prioritario da asociación é a difusión e promoción da arte e da cultura en todas as súas manifestacións, tanto dentro da comunidade galega coma no exterior. A principal actividade de AGAEC é a realización de proxectos artístico culturais interdisciplinares e interculturais, en colaboración con outras institucións, organismos, fundacións, asociacións, etc.

Se queren consultar os curricula dos artistas, só teñen que buscalos na web de Agaec: http://www.artegalicia.org

Relacionada:


Artistas de Agaec na Casa mariñeira de A Pobra, vexa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical