Outes, 17 de abril de 2012. O pasado sábado, 14 de abril, tivo lugar en Outes a primeira asemblea da Agrupación local de +Galiza para formalizar a constitución do grupo en Outes. Entre os asistentes estaban a maioría dos que xa o facían ata o de agora nas distintas reunións que o grupo nacionalista levaba a cabo con regularidade, xa que o conxunto das persoas que están a traballar segue a ser practicamente o mesmo, pero xa se puido ver algún rostro novo que se uniu á formación de cara a esta nova andaina.
Entre os puntos que se atopaban na orde do día estaban a elección do responsable local da agrupación así coma a do seu portavoz. Foi elixido por unanimidade dos asistentes Xosé Manuel Ramos Caamaño como responsable local e quedou como portavoz Xosé Ramón Riomao.
Dentro duns días a Agrupación Local de +Galiza presentarase diante dos veciños para expoñerlle as novidades da agrupación e os seus proxectos municipais nun acto de carácter participativo no que se lle dará voz á xente, escoitándoa e respondendo ás preguntas que se formulen.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario