29.4.10

Dodro: A Sociedade Galega de Historia Natural pídelle á Ministra Espinosa que cese ao Xefe de Costas en Galicia

(Nota da SGHN) 
Tamén pretenden que o Ministerio de Economía non gaste “nin un céntimo de euro” no proxecto de Dodro

Carriz_Ulla_invCarriz_Ulla_ver

Fotografías: Carrizais do Ulla (Dodro, A Coruña) en inverno (arriba) e verán. Fonte: http://www.sghn.org

Dodro, 29 de abril de 2010. En dúas ocasións, o 31 de xuño de 2007 e o nove de febreiro de 2010, a Sociedade Galega de Historia Natural dirixiuse ó Ministerio de Medio Ambiente poñendo no seu coñecemento o grave e irreversible impacto ambiental do proxecto 20060677COS “Actuaciones medioambientales en la ribera del río Ulla, Término Municipal de Dodro (A Coruña)”.
En contra de toda lóxica ambiental, social e económica, o Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Sr. Rafael Eimil, persiste na súa intención de levar a cabo o proxecto segundo novas de prensa de hoxe. Ó contrario que hai tres anos, o Sr. Eimil non pode alegar ignorancia (que xa sería grave nun cargo da súa responsabilidade), pois foi adecuadamente informado con datos científico-ornitolóxicos, ambientais e de interese social que son, simplemente, irrefutables e que demostran que dito proxecto é socialmente innecesario, ambientalmente perxudicial e, xa que logo, un despilfarro de fondos públicos.
Desbotada a ignorancia, caben diversas interpretacións para a actitude do Sr. Eimil pero, cualquera que ésta sexa, en opinión da SGHN é incompatible coa permanencia do Sr. Eimil no posto de Xefe da Demarcación de Costas en Galicia.
Por todo elo, a SGHN vén de solicitar á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño que cese de maneira fulminante ó Sr. Eimil e que ordene a paralización inmediata do proxecto que ameaza ó LIC ES1140001 “Sistema fluvial Ulla-Deza” e ó 3% da poboación mundial de escribenta das canaveiras iberoocidental, ave en perigo de extinción.
Noutro escrito, a SGHN tamén solicita á Ministra de Economía e Facenda que faga canto estea dentro das súas competencias para evitar que un só céntimo de euro dos Orzamentos Xerais do Estado sexa despilfarrado en dito proxecto innecesario e perxudicial.

Os arquivos PDF con toda a información están en www.sghn.org

Antes publicamos:


Brañas de Laíñonegocian polo paseo con Costas


Brañas de Laíño:
alegacións de Verdegaia ao proxecto de Costas


Alegacións do Bng ao proxecto de Costas nas beiras do Ulla


Proxecto de Costas: ameaza a este paxariño

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical