Porto do Son, 27 de abril de 2010. Hoxe na Galega, a iso das 23:54h (un chisco tarde), emitirán o filme "Mariposa, bolboreta, papallona", que foi gravado por Porto do Son adiante (e algo de Noia e Outes). Inda que xa foi emitida nalgunha Casa de Cultura do concello, quizais haxa xente da bisbarra que non tivese ocasión de botarlle un ollo, polo que se recomenda pasar a voz -a berros se o paisano non escoita ben- para que alguén máis poida gozar das estampas do Son. Algunhas delas que xa non existen tal cal foron tomadas no 2005: por exemplo os arredores da igrexa da Atalaia, que se diferencian do pouco que se chegou a ver en "Making Son", agora con xardín e paseo...
Se non sabedes de que vai o filme, tedes a sinopse na web da Galega (onde fan referencia ao Son tamén): http://crtvg.es/programas/?p=611&m=1
A web que tiñan do filme, con apenas 4 fotos da rodaxe no Son, o cartel e o tráiler: http://bolboretadoblebanda.blogspot.com/
Unha entrevista ao director do filme, detallando os motivos para escoller Porto do Son: Pablo García: "Me han educado con el objetivo de ser feliz".
Vía Toño Calo (MakingSon)
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario