-O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage vai presentar unha proposición non de lei para impulsar “un acordo no Parlamento para conseguir que a Xunta de Galicia construia un novo centro de saúde en Noia”.
-O Goberno Galego respostou a unha pregunta do deputado socialista interesándose polas previsións do goberno para dotar a Noia dun novo centro de Saúde
-A Xunta de Galicia resposta a Lage Tuñas que non teñen previsto construir un novo centro de saúde en Noia
-“Eu considero que en Noia precisamos un novo centro de saúde, incrementar o persoal sanitario e mellorar os equipamentos que existen na actualidade.”
-”Eu comprométome a loitar durante esta lexislatura dende a oposición para que en Noia se construia un novo centro de saúde, porque é necesario e considero que a Xunta ten que facer un esforzo, xa que as instalacións do Punto de Atención Continuada son moi mellorables” afirmaba Lage Tuñas.
Noia, 27 de abril de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, vén de anunciar hoxe que durante esta lexislatura traballará de xeito intenso “para conseguir un novo centro de saúde para Noia”.
Lage Tuñas xa se interesara pola construcción dun novo centro de saúde para Noia ao presentar no pasado mes de novembro do 2009 unha iniciativa parlamentaria “para preguntarlle á Xunta de Galicia si tiña pensado construir un novo centro de saúde en Noia”. O deputado do PSdeG recibíu resposta do goberno galego na que especifica que non hai previsións a curto prazo para construir un novo centro sanitario en Noia.
Os socialistas piden avaliar a situación do centro de saúde e do PAC noiés
Lage Tuñas explicaba que “os socialistas queremos saber o diagnóstico que ten feito o goberno galego sobre a situación sanitaria da área de Noia e por iso presentei esta iniciativa pero vexo que o goberno opta por descartar calquera acción de mellora da situación sanitaria en Noia”. “Temos moitas necesidades no ámbito sanitario e é preciso que se faga unha avaliación da situación do centro de Saúde e do funcionamento do PAC de Noia”, sostén o deputado socialista.
“Eu considero que en Noia precisamos un novo centro de saúde, incrementar o persoal sanitario e mellorar os equipamentos que existen na actualidade e comprométome a loitar durante esta lexislatura dende a oposición para que en Noia se constrúa un novo centro de saúde e quero facelo buscando no parlamento un gran acordo co resto das forzas políticas, pensando na mellora da situación da sanidade en atención primaria en Noia, para o que convidaremos tanto ao PP como ao BNG a chegar un acordo”, rematou Lage Tuñas.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario