Barrio noiés de A Chaínza, a primeiros do século pasado Noia, 27 de abril de 2010. O Concello de Noia, segundo informou o alcalde, Rafael García Guerrero, vén de ver aprobada a actuación na Chaínza, cun total de 380.000 euros, dos cales o Ministerio de Cultura aporta 100.000 euros e o Grupo de Acción Costeira os 280.000 restantes.
"Despois de moito traballo, de máis de dous anos co tema a voltas, por fin temos confirmado o financiamento para a intervención no Barrio da Chaínza. Grazas a unha subvención de 210.000 euros da Deputación e aos 108.000 euros postos pola administración local, o concello de Noia adquiriu por 318.000 euros a antiga fábrica de Curtidos da Chaínza, localizada nunha parcela edificable de 4.000 metros cadrados, na que habia unha antiga curtiduría do século XVIII", explica o alcalde.
Agora, baixo o nome de "Fábricas da Cheynça", esta actuación pretende investir 240.000 euros no entorno actuando, nas dúas pontes, na fonte, no lavadoiro no entorno do carballo da Chaínza e no adoquinado da zona, (unha actuación na liña da feita na Pedrachán) a segunda acción cun orzamento de 140.000 euros será na Curtiduria, na que se fará unha primeira fase consistente na limpeza de toda a parcela, a eliminación da construción de ladrillo deixando so a parte estrutural en pedra, e o adecentamento dos xardíns, consolidación das edificacións.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario