27.4.10

Ribeira: unha creación do ribeirense Manu González, no Centro Torrente Ballester de Ferrol

O Vídeo do Mes é unha actividade do Centro Torrente Ballester de Ferrol que inicia nova tempada adicada á difusión do traballo de novos creadores. Nesta ocasión está Manu González Gómez, de Ribeira, que xunto a Paula Gómez Vallejo fixo "Do verbo acumular", unha curta que é "algo máis cun aceno aos traballos de Richard Serra, a propósito do que se pode realizar cos materiais da escultura". Móvese entre os influxos cultos -Chris Cunningham, Paul McCarthy ou James Bidgood- e populares, de series míticas dos oitenta como Las Chicas de oro, Twin peaks, as telenovelas ou o luxo decadente de Las Vegas. Inxerindo sen control pero perfectamente combinados, os protagonistas da acción -os propios artistas- evidencian como ata un empacho pode ter un toque de distinción. Un atrezzo oportunamente aderezado co tema de Felix da Housecat, “Money, Succes, Fame, Glamour”.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical