9.3.11

Boiro: o venres 11 de marzo, IV Festa Audiovisual co gallo do Día da Muller Traballadora

Media_httpfarm6static_djbqa

Boiro, 9 de marzo de 2011. Este venres, 11 de marzo, a Asociación Cultural Borobó ten prevista a súa IV Festa Audiovisual, nesta ocasión co gallo Día Internacional da Muller Traballadora. O acto, que terá lugar no pub Ese / A Pousada das Ánimas a partires das 21:30 horas, contará coas proxecións do documental “Señora de” e a curtametraxe “Camiño da memoria”, un coloquio posterior e, por último, un concerto a cargo dos grupos Malandrómeda e La Maldita.

A Secretaria da Asociación Cultural Borobó, Silvia García Mirón, quixo salientar que “esta actividade, enmarcada baixo a denominación de “Festa Audiovisual” xa ben sendo unha constante na dinámica da nosa entidade, pero se nas anteriores ocasións quixemos focalizar a oferta das proxecións en torno ao formato ou xénero das pezas (curtas de ficción, documentais de corte social e curtas de animación) nesta ocasión buscamos centrarnos nunha temática concreta, a muller, e por isto proxectamos dúas pezas dirixidas, producidas e protagonizadas por mulleres, como apoio ao Día Internacional da Muller celebrado o pasado 8 de marzo”.

As proxecións consistirán nas pezas de corte documental “Señora de”, de Patricia Ferreira, e “Camiño da memoria” de Valentina Alonso, Lucía Calvo e Alberte Mera.

PATRICIA FERREIRA: “Señora de…” (2009, documental, 80 min) “Señora de” está formado polas testemuñas de varias mulleres de todo tipo: do campo, da cidade, do mar e da terra adentro que se enfrontan aos seus recordos e falan por primeira vez do que foi a súa vida, de hábitos hoxe intolerables na sociedade occidental pero que constituiron a vida das mulleres na Galicia e a España dunha historia moi recente.

LUCÍA CALVO, VALENTINA ALONSO, ALBERTE MERA: “Camiño da memoria” (2010, curtametraxe documental, 5 min) A Obdulia acábanlle de diagnosticar un principio de Alzheimer polo que todas as mañás a súa neta axúdalle con ejercicios para ralentizar a pérdida de memoria. O seu desexo é non esquecer un camiño que realmente lle importa.

Tras as proxecións levarase a cabo un coloquio que constará de dúas partes. Por unha banda intervirán representantes das pezas: Lupe Lloves, que participou na produción e rodaxe de “Señora de” e Valentina Alonso, directora e guionista de “Camiño da memoria” para tratar temas relacionados coa muller no audiovisual e, pola outra, contarase cunha mesa redonda participada por Silvia Fraga, Parlamentaria de Igualdade do grupo socialista, Natalia Laíño, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Boiro, e Begoña Urgoiti, Presidenta das Amas de Casa de Boiro, que aporarán a súa perspectiva sobre o papel e situación da muller na sociedade actual.

Tras este coloquio darase paso a un concerto a cargo de Melandrómeda e La Maldita, ambos de hip hop.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical