9.3.11

Dodro: actividades todo marzo polo Día da Muller Traballadora, a prol da Igualdade

Media_httpfarm6static_ouedt

Dodro, 9 de marzo de 2011. O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, e o Concello de Dodro súmase un ano máis a esta conmemoración cun programa de actividades que van máis aló dese día puntual.

As actividades previstas para este ano teñen como obxectivo, de acordo co Plan de Igualdade elaborado para o Concello, promover a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e sobre todo a autonomía de homes e mulleres para desenvolverse no fogar no relacionado coa cociña.

Media_httpfarm3static_gtakb

Dirixida a nenos e nenas en idade escolar preséntase a “CAMPAÑA DE CORRESPONSABILIDADE EN EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE” no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, que terá as seguintes actividades:

  • 15 DE MARZO: Concurso de receitas para o alumnado , apoiado co desenvolvemento dunha sesión de formación en igualdade impartida por profesionais expertos no tema.

  • 22 de MARZO: Entrega de premios ás 3 mellores receitas presentadas polo alumnado. Esta actividade verase recollida na elaboración dun tríptico.

  • 26 de MARZO, 2, 9 e 16 de ABRIL:“CURSO DE INICIACIÓN Á COCIÑA PARA HOMES E MULLERES”, para o público adulto, no que as prazas estarán reservadas ao 50% para cada sexo. Ten como finalidade promover a autonomía das persoas novas na cociña, e adquirir os coñecementos básicos para desenvolverse no medio dos fogóns. Será impartido por un cociñeiro profesional, e terá lugar ao longo de 4 tardes de sábado no local sociocultural de Imo (antiga escola unitaria). Para os papás ou mamás que queiran asistir coas súas criaturas, poden facelo avisando previamente, pois facilitarase un servizo de atención aos menores.

Elaboración e presentación de biografías de mulleres significadas no concello por un motivo común.


Relacionada:


Informe de Servizos Sociais 2010: xa está na Rede

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical