O Seminario Galego de Educación para a Paz recibe o venres 22 de xaneiro o primeiro premio en Dereitos Humanos que concede o Colexio de Avogados de Santiago
O venres, día 22 de xaneiro de 2010, ás 19:00 horas, no Salón Nobre de Fonseca da USC, o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, D. Manuel Dios Diz, recollerá, en nome da entidade que dirixe, e de mans do Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, D. Evaristo Nogueira, o 1º PREMIO EN DEREITOS HUMANOS, concedido -por unanimidade- da súa Xunta de Goberno, en recoñecemento da súa labor de difusión, nos últimos 25 anos, dos valores consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
Para o Seminario Galego de Educación para a Paz significa, neste ano 2010 no que celebra o seu 25 Aniversario, antes que nada, unha enorme satisfacción que o Ilustre Colexio de Avogados de Compostela distinga unha obra colectiva, iniciada en 1985, pero tamén conleva desafío para darlle continuidade a un traballo que necesita do compromiso de todas e todos, porque os dereitos humanos, a convivencia e a paz, son obxectivos a construír cada día, en tódolos ámbitos. En calquera caso, o Seminario quere mostrar publicamente o seu agradecemento a un Premio que estimula a seguir insistindo nunha tarefa fundamental no sistema educativo, como é, a educación para os dereitos humanos e a cultura da paz.
Seminario Galego de Educación para a PazFUNDACION CULTURA DE PAZwww.sgep.orgTfno: 981-561956 Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario