Flickr de galdo trouchky
Esta actividade de carácter formativo está organizada polo Conservatorio local e ten como mestre invitado a Rodrigo Vila (vigués de nacemento e profesor do Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares) e como responsable de organización a José Fungueiriño (profesor de saxofón do conservatorio riveirense).
A frecuencia da Aula Galega de Saxofón será dun fin de semana ao mes e conta cun total de 17 alumnos activos, algúns deles cursan estudos do conservatorio local e outros proceden e Conservatorios e Escolas de Música de diferentes puntos da xeografía galega.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario