Este Seminario esta promovido polo Igape-BicGalicia e o Concello e ten unha duración de quince horas. Constitúe unha ferramenta de formación que ten como obxectivo que o asistente poida crear, analizar e rentabilizar unha idea empresarial.
Complemento ao seminario do 29 de outubro
A actividade serve de complemento idóneo ao Seminario para a Difusión da Creación de Empresas que terá lugar o 29 de outubro no Conservatorio. Para esta acción formativa segue aberto o prazo de inscrición na Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello.
O curso sobre xeración, maduración e avaliación das ideas empresariais é unha ferramenta de formación mixta que combina tres grandes grupos de actividades:
- Xeración de ideas: Consiste en que a partir da análise de 34 fontes de ideas, agrupadas en 6 niveis, os asistentes autoxeren un conxunto de ideas de empresa que se agruparán no seu Banco de ideas para a súa validación posterior.
- Maduración de Ideas: A partir das ideas xeradas ou previas, se realizarán un conxunto de actividades co obxecto de transformar algunha delas en ideas empresariais.
- Traballo para a avaliación da idea: Unha vez traballado na maduración das ideas, os asistentes recibirán unha plantilla co obxecto de obter a información necesaria para unha valoración cualitativa da idea. Estes datos entregaránselle aos asistentes para que poidan realizar a avaliación da idea de negocio.
Este Seminario é totalmente gratuíto e a única característica imprescindible para as persoas que participan na acción formativa é a de ter motivación e predisposición necesaria como para xerar ideas e iniciar o proceso de maduración como primeiro paso para a súa avaliación.
A inscrición deberá realizarse ata o 25 de outubro na Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello. As prazas son limitadas.
Antes publicamos:
Emprendedores: curso gratuito sobre creación de empresas o 29
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario