- As Xuventudes Socialistas denuncian que o PP "rachou co concepto de Educación pública" e lembran que "despois de aniquilar a educación primaria e a secundaria agora rematan coa educación universitaria co aumento indiscriminado de taxas"
- “O aumento das taxas logo de rebaixar de forma brutal as bolsas universitarias supón que moitos estudantes terán que abandonar os seus estudos o ano que vén”
- “Estamos ante as portas do que nos temíamos e levamos denunciando durante os últimos anos en Galicia: a privatización absoluta do ensino”, aseguran
Barbanza e Noia, 20 de abril de 2012. As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) manifestaron onte, en rolda de prensa, que o incremento de taxas universitarias anunciado polo Goberno de ata un 70% é "un mazazo insuperable para o estudantado". Para a organización xuvenil “non poden ser os estudantes e as súas familias o que paguen a crise, algo que sucederá co recorte masivo do orzamento educativo e o incremento das taxas, xa que o único que se consigue con iso é que só accedan á educación as persoas con rendas máis altas”. Segundo María Torres, secretaria xeral das XSG, “o aumento das taxas logo de rebaixar de forma brutal as bolsas universitarias supón que moitos estudantes terán que abandonar os seus estudos o ano que ven”, ademáis “as xeracións futuras estarán obrigadas a renunciar a cursar ensinanzas universitarias se non poden pagalas”, engadíu. Así, as XSG manifestáronse en contra da subida das taxas universitarias e advertiron ao Goberno de que “non imos permitir que a Universidade se convirta nunha institución elitista onde só teñen cabida os que se poden permitila economicamente”. A xuízo de Torres, “nunha situación de crise como a actual o goberno tería que incrementar os orzamentos en materia educativa e apostar pola calidade do ensino en lugar de aniquilar a educación pública”Juan Jesús Sánchez, secretario de Educación e Universidades das XSG, denunciou que “a baixada do 21,9% nos orzamentos xerais do estado, a supresión masiva das bolsas universitarias e agora o aumento das taxas sitúannos ante as portas do que nos temíamos e levamos denunciando durante os últimos anos en Galicia, a privatización absoluta do ensino”. A subida de taxas universitarias, engadíu, “supón que os alumnos que ata hoxe pagaban 1.000 euros ao ano, deberán elevar a súa contribución un 50% sobre o custo total”, “os mesmos alumnos que, en moitos casos, xa non poderán contar co sistema de bolsas do ano pasado”. Ademáis, o “novo sistema penalizará aos alumnos que suspendan e teñan que volver a matricularse, que poden chegar a pagar o 100% da praza, uns 6.000 euros aproximadamente”. A organización xuvenil do PSdeG-PSOE denuncia, ademais, que estamos ante a morte directa da educación pública e lembran que a destrucción educativa comezou primeiro na educación galega: aumentando o cociente de alumnos por aula, suprimindo a escolarización de 0 a 3 anos, aumentando as horas lectivas por profesor, retirando as axudas de alumnado con necesidades educativas especiais e as asfixiando os orzamentos das universidades galegas da man de Feijóo, entroutas. “Galicia é o laboratorio dos recortes do PP”, comentou Sánchez, quen tamén acusou ó Goberno de Feijoó de “aprobar e aplaudir os recortes educativos propostos polo Goberno de Rajoy” Por último, as Xuventudes Socialistas, consideran que “estas decisións do PP van provocar xeracións perdidas por falta de formación e escaseza de oportunidades” e aseguran que “é un novo mazazo ao Estado do Benestar” Máis info en www.xuventudessocialistas.org
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario