A actividade, se non chove, será fronte a este edificio en Praia Xardín Boiro, 20 de abril de 2012. O vindeiro 28 de abril, a asociación de sensibilización medioambiental Boiroverde ten previsto realizar un amadriñamento de árbores. Terá lugar no Paseo Marítimo en Praia Xardín fronte ao Instituto Social de la Marina,(C/ Praia Xardín, 58) ás 12 da mañá.
Neste amadriñamento cada recén nado recibe unha árbore á cal se lle pon unha placa co seu nome e deberá encargarse do seu coidado para os restos.
O ano pasado (24-02-2011) houbo un acto semellante
Esta actividade levouse a cabo o ano pasado con gran éxito e púidose comprobar o compromiso da xente no coidado das árbores e da demanda que tivo durante todo o ano, por este motivo decidiuse repetir a experiencia. Aprazaríase a actividade en caso de mal tempo e avisaríase con suficiente antelación.
Boiroverde no 2012 é a reanudación do proxecto iniciado no 2011 no Concello de Boiro para a dinamización e sensibilización medioambiental da cidadanía. Pretenden chegar a un amplo abano de público e idades dende unha perspectiva multidisciplinar. Retoman este proxecto a maior parte dos integrantes do CMTL de Boiro no marco da súa preparación práctica con grandes expectativas de logro na sensibilización, mobilización e cambio de actitudes cara o medio ambiente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario