20.4.12

Ribeira: San Roque, meta do Meigas Galicia, club motociclista de Vigo, este sábado 21



Ribeira, 20 de abril de 2012. Mañá sábado está prevista a chegada de 21 moteiros do club vigués Meigas Galicia interesados en coñecer os lugares turísticos máis emblemáticos do municipio. Cada ano, este elenco motociclista da cidade olívica acostuma realizar un percorrido por algún punto da xeografía galega e en 2012 Ribeira foi o destino escollido.

Así, está prevista a chegada destes apaixonados das dúas rodas ao parque periurbano de San Roque entre as 10.30 e as 11 horas. No transcurso da seguinte hora (máis ou menos ata o mediodía) terán a oportunidade contemplar as dúas exposicións que se exhiben dentro do Centro de Interpretación Arqueolóxica (“A pegada e o reflexo”, que incide no período megalítico, a Idade de Bronce e a Idade de Ferro; e “A través do tempo”, sobre a evolución cronolóxica dis recursos patrimoniais, etnográficos, culturais e históricos existentes no concello), así como coñecer a zona exterior do recinto se o tempo acompaña.

No resto do día de mañá, os integrantes de Meigas Galicia percorrerán outros puntos de interese de Ribeira, como o miradoiro de Pedra da Rá ou o parque natural de Corrubedo.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical