- Trátase dunha iniciativa do Bng co gallo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- O Bng de Barbanza presenta unha moción en todos os concellos tamén por este motivo
A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2012. Onte pola mañá, Cristina Andrade, vicerresponsábel comarcal do Bng, e Rosana Pérez, deputada no Parlamento do estado, en representación do BNG comarcal deron unha rolda de prensa para presentar as iniciativas do BNG para a conmemoración do 25 de novembro. Por unha parte hai unha moción que se está a presentar en todos os concellos coa intención de que se incrementen as partidas orzamentarias destinadas á protección das vítimas de violencia de xénero e tamén os servizos, xa que nos últimos anos viñeron reducíndose de maneira drástica provocando o desamparo de moitas mulleres. Tamén se demanda o desenvolvemento, contemplado na lei, a atención psicolóxica das vítimas eos seus fillos e fillas na rede sanitaria pública así como garantir a tutela xudicial evitando a disuasión económica que supón o aumento das taxas xudiciais. Acto en Santiago
O cemiterio de Bonaval está detrás do Museo do Pobo Galego Por outra banda tamén se anunciou o acto simbólico de soterramento do patriarcado que se vai levar a cabo mañá, sábado 24, en Santiago. Trátase dun cortexo fúnebre que sairá ás 12:00 do mediodía da praza do Toural para rematar no parque de Bonaval. Con este acto preténdese facer visible que a violencia de xénero é a consecuencia última e máis terríbel da desigualdade pero non a única, e para avanzar no camiño da igualdade hai que comezar por romper drasticamente este patrón de convivencia fortemente consolidado na nosa sociedade.
ATENCIÓN MAFIA RUSA: EL NÚMERO DE DELINCUENTES INDULTADOS POR ESTE GOBIERNO ES LA MONDA. ¡Y LA JUSTICIA ES SOLO PARA LOS RICOS! ¡VENGAN!
— masaenfurecida (@masaenfurecida) November 23, 2012
O PP baseou a súa campaña de 2009 nos decretos da lingua e do eólico. A Xustiza tumboulle os dous. Nin se desculparán.
— DePunteirolo (@DePunteirolo) November 22, 2012
Non entendemos un mundo no que o nome dos xenitais sexa un tabú ou se englobe baixo o concepto de “palabras malsoantes" #CONASCEIVES
— Conas Ceives (@CCeives) November 22, 2012
Gmail inclue a lingua cheroqui (con só 16.400 falantes) e segue a ignorar ao galego codigocero.com/Gmail-inclue-o…
— Código Cero (@codigocero) November 19, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario