Dodro, 11 de outubro de 2011. O pasado sábado día 8 rematou o curso "Técnicas específicas de atención persoal a pacientes dependentes: Hixiene, Aseo e Coidados sanitarios" de 70 horas de duración, dirixido a coidadores/as de persoas en situación de dependencia e organizado pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro. O curso é valorable para o recoñecemento da experiencia profesional.
O curso, nun principio, estaba aberto a 20 prazas, pero debido á grande cantidade de solicitudes finalmente admitíronse a 29 persoas, as cales recibiron o sábado o diploma de man da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga Grela. Pode que tamén lle interese:
Actividades culturais: igualdade, xénero, labores...En outubro e novembro
Exposición: ata o 17 de outubro, sobre Cambio Climático
Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario