-
Estar empadroado no Concello de Noia, cun mínimo de 6 meses de antigüidade.
- Cursar calquera dos estudos ou asistir a actividades formativas que sexan obxecto da presente convocatoria.
- Non superar os ingresos brutos per cápita da unidade familiar en que estea integrado a cantidade de 1,5 veces o salario mínimo interprofesional.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello e deberán acompañarse da seguinte documentación:
-
Fotocopia do D.N.I. do solicitante.
-
Fotocopia da Declaración da Renda das persoas físicas do ano 2009. No caso de non estar obrigado pola Axencia Tributaria a presentala, deberase achegar unha declaración xurada na que conste esta circunstancia.
-
Para aqueles casos nos que non se presente a Declaración da Renda xustificaranse os ingresos da seguinte maneira:
Certificado do INEM, no caso de recibir prestación ou subsidio de desemprego.
- Certificación do Instituto da Seguridade Social ou organismo correspondente no caso de percibir pensión contributiva de xubilación, invalidez, viuvez ou orfandade.
- Certificación acreditativa no caso de percibiren ingresos procedentes de pensións non contributivas, fondos de asistencia social, rendas de integración social de Galicia ou da lei de integración social de minusválidos.
- Calquera outro que lle sexa requirido a xuízo da comisión de valoración.
Asemade, deberá acreditarse a necesidade dos bonos para os fins previstos presentando unha fotocopia do carné de estudante, copia da matrícula oficial de estudos ou certificado de asistencia a actividades formativas en asociacións para persoas con discapacidades.
Circunstancias que afecten á economía familiar, como situacións de desemprego, minusvalías, familias monoparentais ou familias numerosas serán tidas en conta á hora de valorar as solicitudes. Hai que salientar que a contía destinada para estas axudas durante o curso 2010-2011 será de 12.000 €, o que supón un claro incremento con respecto ao curso pasado (9.360 €) e moito máis respecto aos cursos 2007-2008 e 2008-2009 (7.200 € en cada un deles), fortalecendo deste xeito as axudas á educación, segundo indicou Lino García, concelleiro de Educación do Concello de Noia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario