A Pobra do Caramiñal, 22 de marzo de 2011. Álvarez-Campana, actual presidente de Portos de Galicia explicou que Portos de Galicia levará a cabo a reforma e ampliación da lonxa, co obxectivo de reimpulsar a súa actividade e funcionalidade. O proxecto construtivo contempla a ampliación e modernización das instalacións, aproveitando en todo o posible a construción xa existente, como medida de contención de gasto. A obra consiste na renovación de cubertas e fachadas, a ampliación da zona de ventas en 190 metros cadrados e o desprazamento da zona de oficinas da confraría a unha nova ubicación, cunha superficie de 215 metros cadrados.
Prazos hipotéticos
O orzamento desta actuación, que incluirá tamén a renovación completa da cuberta da lonxa, é de 830.000 euros. En canto aos prazos de execución, o ente público estima que a súa licitación poida iniciarse en xullo deste ano, polo que as obras poderían dar comezo no primeiro trimestre de 2012.
O presidente de Portos de Galicia anunciou tamén a próxima execución doutra obra moi demandada polos usuarios do porto da Pobra: o edificio de departamentos para usuarios. Os traballos consistirán na construción de dous bloques de 14 estancias. O orzamento da actuación é de 1,3 millóns de euros e o proxecto está actualmente en fase de redacción, polo que se espera que os prazos de execución poidan ser paralelos aos da reforma da lonxa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario