Ribeira, 31 de outubro de 2010. O programa definitivo das VI Xornadas Micolóxicas desta vila xa está lanzado. Serán na vindeira fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de novembro. Segundo os organizadores (Refungando e Altofalante), serán "máis ricas en todos os sentidos, pois involúcrase a máis xente na súa realización e tamén se amplía o abano de atividades, como é a novidosa I Ruta Micolóxica de Bares". Haberá charlas, saídas ao monte, degustacións e exposicións, como se pode ollar no cartel adxunto a esta nova.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario