31.10.10

Lousame: os alcaldes de Noia e Porto do Son reuníronse en Madrid con técnicos de Medio Ambiente para arranxar o da planta

Lousame, 30 de outubro de 2010. Os alcaldes abordaron onte no Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino, distintas cuestións relativas á Mancomunidade de Concellos "Serra do Barbanza", especialmente no relativo á polémica con ECOEMBES, centrada sobre todo nas diferenzas sobre os custos da reciclaxe do plástico na planta de compostaxe de Servia, no Concello de Lousame. Todo isto nunha viaxe relámpago a Madrid, no mesmo día, partillando automóbil os dous alcaldes.

Segundo explicaron os rexidores, ambos do Partido Socialista Obrero Español, "tamén se veñen mantendo contactos con ECOEMBES sobre este mesmo tema". Os alcaldes de Porto do Son e Noia consideran "moi positivos os avances neste tema", e aseguran que nas próximas semanas se chegarán a acordos satisfactorios para as partes.
 
Pastor Rodríguez e Rafael Garcia cualifican de "moi satisfactoria" a posición de colaboración de ECOEMBES. O organismo independente ECOEMBES é un elemento esencial no ciclo da vida dos materiais, contribuíndo na recollida selectiva e na recuperación de residuos de envases. Nos contactos mantidos, a súa posición foi sempre de "máxima colaboración" coa mancomunidade de concellos “Serra do Barbanza”.

Os alcaldes consideran que todas as partes implicadas están aportando a súa colaboración para solucionar os problemas existentes, e debemos agradecer publicamente o esforzo que se está a facer por ECOEMBES, a empresa FCC, Xunta de Galicia, Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino do Goberno de España.

A planta de Compostaxe de Servia é unha iniciativa municipal dos concellos de Muros, Carnota, Lousame, Brión e Porto do Son, "e somos os concellos membros os que temos a responsabilidade da planta e da súa situación, e temos a responsabilidade de resolver aos problemas existentes, cousa que conseguiremos. E antes de final de ano teremos tomado os acordos precisos para garantir a continuidade do sistema de recollida e tratamento de lixo", aseguraron Rodríguez e García, que tamén queren sinalar "a vontade de colaboración dos concellos aos que lle damos servizo, que nas últimas semanas co seu o esforzo contribuíron a que a débeda existente se reducira á metade en pouco tempo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical