14.3.13

Rianxo: esta fin de semana, 16 e 17 de marzo, "Un mar de mulleres", co Cadro Artístico Airiños


O Cadro Artísitico Airiños vai representar un pequeno espectáculo sobre a muller no mar chamado "Un mar de mulleres".


"Un mar de mulleres" é un pequeno contacontos dramatizado escrito e dirixido por Esther F. Carrodeguas para o Cadro Artístico Airiños arredor da muller no mar. A raíz dunha proposta da Concellalía de Cultura, decídese continuar con este teatro de pequeno formato (media hora) o que permite unha creación a medida e o espallamento da cultura polas difentes parroquias rianxeiras. Neste caso, coincidindo co mes da muller traballadora, decídese facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres que traballan no mar, dende as mariscadoras, ás mairñeiras, redeiras, pescas e vendedoras, traballadoras da fábrica de conservas... Deste xeito, moitos nenos e nenas da vila poden aprender algúns traballos que descoñecen ou no seu caso, darlles a importancia e sotaque que teñen. Trátase ademáis dun espectáculo, coma o resto dos teatros express, de carácter familiar, que pretende emparellar a educación coa diversión dos mais pequenos, apelando tamén aos recordos dos adultos que poden ver reflectido en escena o seu presente, ou o seu pasado. Mesturando en escea as mariscadoras de antaño coas actuais, ou as expertas coas inexpertas, conséguese un conto para todas as idades no que as protagonistas son sempre esas mulleres do mar.

As representacións terán lugar:

SÁBADO 16 DE MARZO

  • 17.00 horas: en Taragoña (Centro Cultural e Deportivo)
  • 18.00 horas: en Araño (Centro Cultural)
  • 19.00 horas: en Asados (Centro Cultural Simón Varela)

DOMINGO 17 DE MARZO

  • 17.00 horas: en Isorna (Casa da República)
  • 18.00 horas: en Leiro (Centro Cultural Vicente Vidal)
  • 19.00 horas: en Rianxo (Auditorio)

Pode que tamén lle interese:




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical