13.3.13

Dodro: Concello e grupos políticos mobilízanse contra o peche da sucursal de NovaGalicia Banco en Tallós

Dodro, 13 de marzo de 2013. O Concello de Dodro, segundo expón hoxe en nota de prensa, "quere manifestar a súa disconformidade co peche da oficina de Novagalicia en Tallós. Como medida de presión contra este peche o Concello de Dodro recollerá, nas oficinas municipais do Concello, sinaturas de todos os veciños afectados coa fin de reclamar á entidade o mantemento de dita oficina ou ben a implantación de medidas alternativas que garantan o servizo dos seus clientes".

Hoxe foi distribuído o aviso en todas as aldeas do concello para informar aos veciños desta recollida de sinaturas promovida polo goberno local.


Pola súa banda, os outros grupos políticos da corporación dodrense, presentaron unha moción conxunta (membros non adscritos e PSdeG- PSOE de Dodro) en contra do peche desta oficina de NovaGalicia Banco de Dodro. Asemade, fan unha convocatoria para unha reunión que terá lugar o sábado 16 de marzo de 2013 ás 12:00 no salón de actos da Paxareira para falar sobre o tema e buscar posibles solucións así como medidas a adoptar.

cartelPecheCAIXA (1).doc Download this file

MOCION sobre o PECHE DA CAIXA TALLOS.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical