- O prazo para anotarse remata o venres 22
Noia, 13 de marzo de 2013. Esta Semana Santa na Sociedade Liceo de Noia voltan repetir unha edición das Mañáns e Tardes Divertidas no Liceo, organizadas por Brétema e dirixidas a rapaces/as de 5 anos en diante.
- As Mañáns divertidas terán lugar no local social do Liceo de 10:00h a 14:00h, e nelas impartiranse obradoiros de xoguetes, de disfraces, busca do tesouro, animación musical..e están dirixidas a nen@s de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos
- As Tardes Divertidas van dirixidas a rapaces de 12 anos en diante, e nas mesmas haberá actividades ao aire libre que terán lugar na área recreativa da Sociedade en Ceilán, como Ghinkana de bicis, tiro con arco, rappel, sendeirismo...en horario de 16:00h a 20:00h
O custe é de 15€ que se aboarán no momento da inscrición na conserxería da Sociedade. O prazo para anotarse remata o venres 22 de marzo de 2013.
Noia: na charla da Aula de Saúde deste xoves 14 de marzo, avances no tratamento do cancro de mama wp.me/p1KBCH-lu vía @novasdenoia
— Certo (@Certo) March 13, 2013
Noia: do venres 3 ao domingo 5 de maio, "O Retruke", terceiro encontro internacional de circo post.ly/AGveM
— Certo (@Certo) March 13, 2013
Noia: venres 5 de abril, 1º acto reivindicativo diante do Coliseo Noela con Espidoyoutu.be/ljUf49cJiZE Se ti queres... A Xunta quererá?
— Certo (@Certo) March 12, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario