Dodro, 13 de marzo de 2013. O Concello de Dodro, segundo expón hoxe en nota de prensa, "quere manifestar a súa disconformidade co peche da oficina de Novagalicia en Tallós. Como medida de presión contra este peche o Concello de Dodro recollerá, nas oficinas municipais do Concello, sinaturas de todos os veciños afectados coa fin de reclamar á entidade o mantemento de dita oficina ou ben a implantación de medidas alternativas que garantan o servizo dos seus clientes".
Hoxe foi distribuído o aviso en todas as aldeas do concello para informar aos veciños desta recollida de sinaturas promovida polo goberno local.
INICIATIVA DA OPOSICIÓN
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario