- Será no pavillón de Coroso e presentaranse espadachíns de talla mundial
Ribeira, 14 de marzo 2013.- Este domingo 17 de marzo, o Pavillón Polideportivo de Santa Uxía (Coroso) vai dar cabida durante todo o día ao V Encontro Galego de Esgrima Antiga. Este evento (promovido por distintas salas e colectivos representantes da esgrima antiga en Galicia, coa colaboración do Concello de Ribeira) está destinado a poñer en común os coñecementos e avances levados a cabo nesta materia.
A xuntanza contará coa participación de esgrimistas de recoñecemento mundial e pretende amosar ao público esta arte marcial en todo o seu esplendor.
A esgrima antiga é unha arte marcial, un sistema de loita que consiste en prácticas e tradicións codificadas. O obxectivo é defenderse mediante a técnica. Dentro do amplísimo abano que supoñen estas artes, a esgrima antiga ten orixe europeo e foi evolucionando ata o actual deporte olímpico da esgrima.
Esta rara actividade terá clases e asaltos destinados aos participantes do evento, así como unha exhibición e clase de iniciación para o público que ata alí desexe achegarse.
O programa é o seguinte:
- 10.30 -11.45 Clase: Daga de Fiore / Clase: Espada de Man y Broquel
- 11.45 -13.00 Clase: Ropera / Clase: Man e Media
- 13.00 -14.00 Asalto por tempo
- 16.00 -17.00 Conferencia: A Destreza en Portugal
- 17.00 -18.00 Exhibición diferentes armas (historia e manexo)
- 18.00 -19.00 Clases de iniciación (para que o público poda participar)
- 19.00 -19.30 Asaltos en grupo
- 19.30 -21.00 Asaltos libres
- 21.00 - Despedida
Actualmente, a esgrima en Galicia conta con oito salas dedicadas ao estudo e difusión da esgrima antiga: ANEA, AGEA, SCEA, AOUREA, ALEA, SVEA, FALCATA e HUNGARESA, situadas en Narón, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.
Durante todo o evento haberá unha exposición de libros de Esgrima Antiga, dos que se obtén a teoría que logo se emprega para o combate.
Ribeira: 14 empresas para facer a web de 136.000 euros de Riveira 2015 con datos que xa ten google maps e patrimoniogalego.net #vaiachoio Turismo: de novo, Barbanza e Noia obviadas. xunta.es/notas-de-prens… Gran traballo o de @arousanorte :P Mar: Bng denuncia que a Xunta persegue aos mariñeiros como “delincuentes”, con operativos para narcos bng-galiza.org/blog/2013/03/1… vía @obloque Este Papa es una buena noticia x los Ateos... Conservador y amigo de dictadores, viejo, elegido sin pasión: Continuará el declive la Iglesía
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario