14.3.13

Boiro: do 25 ao 27 de marzo, obradoiros para rapaces nos que farán presentacións dixitais e moda personalizada

  • Un será na Rede Cemit e outro no Local Leña Verde, cos mesmos horarios, no centro social

Media_httpfarm5static_djnba

Boiro, 14 de marzo de 2013. Ademais da programación habitual que se desenvolve mensualmente no Centro Social de Boiro e, como se achega a Semana Santa, ofrécense dúas iniciativas para rapaces a partir de 7 anos.

Obradoiro de creación de presentacións dixitais para nenos/as (7 a 10 anos)
Organizada pola rede Cemit
Datas: 25-26-27 de marzo de 11h a 13h
Lugar: Centro Social (Aula Cemit)

Obradoiro de creación de moda creativa para nenos/as (a partir de 9 anos)
obradoiro de 3 días nos que os cativ@s poidan elaborar os seus propios complementos e customizar prendas, o obradoiro pretende estimular a creatividade, a diferenciación e dotar de valor das cousas feitas por un mesmo. así como evitar o consumismo de productos da publicidade, ademais de axudar á economía familiar.

25-26-27 de marzo de 11h a 13.30h
Lugar: Local Leñaverde

As inscricións comezarán mañá venres 15 de marzo e rematarán o día 22 ás 12h

Para inscricións ou máis información:

Centro Social de Boiro(1º andar) ou no tlf 981842635 e mail omix@boiro.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical