- Namentres que en Vigo e Ferrol pódense obter de balde os títulos que facultan para desempeñar traballos na Mariña Mercante, o alumnado de Barbanza vese obrigado a pagar cursos avanzados en academias privadas para poder estar debidamente homologados
Estes cursos son obrigatorios para poder enrolarse e exercer o traballo para o que os alumnos se prepararon, polo que os obriga a acudir a entidades privadas para poder realizalos, cun custe económico de 1000€ - 1500€ curso, mentres que na Escola Náutico-Pesqueira de Vigo e na Escola de Ferrol, pódense cursar de xeito gratuíto. É evidente que esta situación é discriminatoria para as persoas que optan por estudar na Escola Náutica de Ribeira, maioritariamente veciños do Barbanza".
O Psoe vén de presentar unha moción no que se esixe que cese a discriminación para o alumnado de Barbanza, pois "neste momento é imprescindible apostar pola formación profesional, especialmente da xente máis nova, para loitar contra a situación de desemprego, que se eleva a unha taxa desmesurada do 55% dos menores de 25 anos que buscan activamente traballo e cando máis de 82.000 mozos españois emigraron en busca dunha oportunidade laboral o ano pasado. Non se entende como a administración exclúe e marxina a uns cidadáns en detrimento de outros, non ofertando as titulacións requiridas en tódalas escolas oficiais Náutico pesqueiras ca finalidade de que podan reincorporarse ao mercado laboral en condicións de igualdade".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario