Boiro, 16 de setembro de 2011. A Asociación Cultural Barbantia vén de anunciar que o vindeiro 30 de setembro, venres, preséntase o libro "MÁXICO TEAR NATURAL", de Xosé M. Lobato Martínez, escritor e socio de Barbantia, nun acto que terá lugar ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro. Estarán presentes, amais do autor, o directivo de Barbantia Xosé Ricardo Losada; o director da editorial, Henrique Alvarellos Casas; o director da Galería Sargadelos do Barbanza, Jesús Lojo Alcalde; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais a concelleira de cultura do Concello de Boiro, Helena Teixeira Barcala. Quen é Lobato Martínez?
XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ (Lestedo-Boqueixón, 1958): “Nacín, crieime e formeime no halo místico do ar que protexe o contorno do Pico Sagro”. Manifesta que foi capturado por unha especie de magnetismo: o legado natural e intransferible que é Galicia. É autor dos libros Autoconcepto en hijos de emigrantes (2001), Diáspora.com (2002) e Cos pés na peneira (2005). En 2009 publicou Retorno a Natura (Alvarellos Editora) Máis info na web da editorial, en http://alvarellos.info
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario