16.9.11

Boiro: o conselleiro de Medio Ambiente achegouse a darlle pulo ao saneamento coa inauguración do novo colector de Barraña

  • Nótase o ambiente preelectoral: calquera cousa vale para inaugurar e poñer placa. Este colector estaba planificado dende hai anos e non fixo máis que adiarse polos distintos gobernos, PP incluído.
  • Medio Ambiente priorizou melloras concretas no bombeo de Esteiro, no colector do río Breiro e na conca do Escarabote

Boiro, 16 de setembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou durante a presentación do Plan local de saneamento de Boiro que, “cunha fonda análise da rede, o plan rexistrou o funcionamento e detectou as ineficiencias de todo o sistema de saneamento”, explícase, de xeito totalmente obvio, na nota de prensa da Xunta.

Agustín Hernández, quen presentou este plan logo de inaugurar o colector da praia de Barraña, incidiu en que “a preocupación pola boa calidade das augas da ría de Arousa foi unha preocupación para este goberno desde o comezo”, disque, e que así o amosa a licitación feita en agosto de 2009 do plan de saneamento local para os concellos de Boiro e Rianxo, nos que Consellería de Medio Ambiente investiu 1,7 millóns de euros.

A análise levada a cabo consistiu no exame da rede de saneamento, inventariando os pozos de bombeo, os distintos tipos de aforos existentes e facendo análises en distintas condicións climatolóxicas, entre outras moitas actuacións. Estes estudos permitiron detectar tres problemas xerais:

• Exceso de augas na rede: tanto por entrada de auga de mar, como por infiltración, como pola entrada de auga de pluviais.
• Escasa xestión dos bombeos: falta de mantemento, bombeos parados durante longos períodos (como é o caso do bombo de Coído, con só un arranque en dúas semanas de medición)
• Falta de planificación no deseño da rede: bombeos mal dimensionados (Chouza/Esteiro e Agüeiros/Bodión) ou exceso de bombeos.

O Plan local de saneamento, do que hoxe se presentaron os primeiros resultados, prioriza ademais actuacións concretas no colector do río Breiro, no bombeo de Esteiro e no conca de Escarabote.

No que respecta ao colector do río Breiro, destaca que se trata dun colector deseñado como separativo que funciona como unitario, con altas infiltracións, fluxo inverso e verteduras constantes, unha situación similar a que rexistra a Conca de Escarabote. A análise realizada do bombeo de Esteiro, pola súa banda, detectou unha serie de deficiencias como o paro concreto das bombas, a ausencia de alivia directo ou de regulación do bombeo, ou unha menor capacidade que o bombeo precedente (o da Chouza).

Solucións
O plan detalla as solucións máis axeitadas para os problemas anteriormente descritos.
1. BOMBEO ESTEIRO:
Nova estación de bombeo con capacidade suficiente, retención e aliviadoiro con clapeta. Integración do control na EDAR dos bombeos de costa.
Mellora da xestión e mentemento
2. RÍO BREIRO:
Sustitución do colector
Eliminar aliviadoiros aguas arriba do tanque de Chouza
Desconectar red de pluviais
3. CONCA ESCARABOTE:
Aumento volumen de retención do bombeo
Minimizar entradas de agua: clapetas, impermeabilizaciones e pozos estancos
Desconectar redes de pluviais e eliminar infiltración

Segundo explicou o conselleiro de Medio Ambiente, unha vez detectadas as necesidades, procederase á cuantificación e priorización das actuacións xunto co concello para empezar a redación de proxectos no vindeiro mes de outubro e poder comezar coa execución das primeiras obras ao longo do ano que vén.

Colector de Barraña
A preocupación pola boa calidade das augas da ría de Arousa amósase na posta en marcha hoxe do colector e o tanque de tormentas do río Barraña, unha obra que se anticipa ao propio plan de saneamento local de Boiro, que inaugurou o conselleiro.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo autonómico Augas de Galicia, levou a cabo a construción dun novo colector interceptor na praia de Barraña. Esta obra está incluída no Plan de choque para a eliminación de verteduras nas rías galegas e supuxo un importe de máis de 2, 5 millóns de euros, que suporá un importante beneficio para os preto de 20.000 habitantes do Concello de Boiro.

Esta actuación foi proxectada para solucionar os problemas da rede do núcleo de Boiro, que é unitaria polo que, en canto chove, o interceptor desbordaba directamente á area da praia. Ademais, a rede non conta con ningún elemento de laminación e, de forma sistemática, cando chove forte, os seus bombeos alivian e algúns pozos vense desbordados. Con estas obras lograrase o control das augas pluviais e, así, eliminaranse os vertidos á praia de Barraña e, como consecuencia, á ría de Arousa.

O proxecto hidráulico incluíu a renovación do interceptor, instalando un colector de poliéster de 1.200 mm de diámetro e reforzado con fibra de vidro en lugar do actual de fibrocemento, dende o pozo número 9 ata o novo tanque de Chouza.

Para completar o novo colector, construíse un tanque de tormentas para a retención dos importantes caudais xerados na rede en tempo de choivas na zona do peirao. Este novo tanque, cunha superficie de 600 metros cadrados, ten un volume de almacenamento de 3.800 m³ de auga e poderá depurar ata 180 litros/ segundo.

Por outra banda, o conselleiro de Medio Ambiente informou que se está a piques de rematar as obras da segunda fase de saneamento no río Coroño, que contou cun investimento de máis de 700.000 euros. Esta actuación é prioritaria para impulsar e practicar as políticas de respecto medioambiental, xestionando as verteduras urbanas e, desta forma, evitar os vertidos incontrolados ao medio como neste caso ao río Coroño.

Media_httpfarm7static_krgcj

As obras consisten na instalación dunha rede de colectores de augas residuais nos núcleos de Mieites, Comoxo e A Cuncheira, que actualmente carecen dela, e a súa incorporación no núcleo de Pazos á rede de residuais. Desta forma, as augas residuais dos núcleos anteriormente mencionados serán transportadas mediante colectores por gravidade e impulsións ao depósito de Coroño, situado na localidade de Pazos.

Para levar a cabo os traballos, execútanse 5.592 metros de colectores de residuais por gravidade en tubaxe de PVC, cun diámetro de 315 milímetros. Ademais, instánse dúas estacións de bombeo, que realizarán impulsións de 559 mililitros, e executarase un pozo de aneis prefabricados con cámara de chaves in situ, e outro pozo rectangular in situ de formigón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical