11.1.11

Curiosidades: atopan un mapa de Galicia feito ao chou en Sevilla, con Ribeira fóra do seu sitio e a toponimia castelanizada

Ribeira, 11 de xaneiro de 2011. Unha lectora que nos segue dende Facebook, Ana Vizoso, envíanos esta imaxe dun mapa que está na praza de España de Sevilla, nuns azulexos que decoran unha parte da mesma. A ela enviáronllo unhas amigas que acaban de estar alí e que buscaron Barbanza.

Ademais de estar case toda a toponimia deturpada -en castelán e non na norma oficial, que é o galego, véxase Noya, Rianjo, Puebla- hai vilas que nin aparecen, como é o caso de Boiro, e outras están cambiadas de sitios. Así, Ribeira está debaixo de Arzúa e máis aló de Santiago de Compostela. A cidade do Apóstol, por certo, debeu experimentar un incremento de poboación enorme no barrio de Conxo (Conjo), pois figura como se estivese escindido e xa fose de por si unha vila, tan grande como Rianjo ou Puebla (sic).

As reaccións nos lectores de Certo en Facebook foron case instantáneas e, así, Chus Pi di que "Rianjo!!!??? haberá que dicirlles que poñan "Zevilla" e Ali Lago remeda o dialecto sevillano escribindo "Pozí!! Tó un monumento a la inoransia!!". Andrés Solo comenta, tamén en tono divertido, que "Viva Conxo ceibe da tiranía de Compostela! hahaha. A praza de España de Sevilla debe ser do século XIX, coma pouco" e a lectora que nos enviou a curiosa imaxe tercia con que "o Concello de Ribeira que tome cartas no asunto, penso que así se debe facer".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical