Noia, 11 de xaneiro de 2011. O Concello de Noia informa de que xa se pode consultar, pois está en periodo de exposición pública, o deslinde marítimo terrestre creado por Costas que vai dende a zona da ponte de Noia ata Porto do Son.
Os interesados poderán velo en horario de atención ao público nas oficinas do Concello de Noia. O equipo de goberno, que obtivo esta semana este documento que antes só se podía consultar en Coruña ou en Madrid, anunciou que vai presentar alegacións ao mesmo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario