11.1.11

Boiro: a asociación de pais "Loureda" de Cabo de Cruz informa das súas actividades de teatro, informática e pintura

Boiro, 11 de xaneiro de 2011. A Asociación de Pais de Alumnos Loureda, do colexio Santa María do Castro (Cabo de Cruz – Boiro), continua coas súas actividades. Segundo os seus responsables, "desde que empezou o curso escolar 2010-2011 a APA Loureda comezou a traballar dende o minuto un, ofertando un total de oito actividades extra-escolares diferentes co fin de conciliar a vida familiar, sendo as elixidas e que se impartirán ata final de curso: teatro, informática, e pintura".

Pódense ver todas as imaxes do Samaín aquí

    No mes de novembro de 2019, e coa finalidade de divulgar a cultura  tradicional, levouse a cabo o Certame de Cabazas – Samaín do cal resultaron gañadores:  Infantil: Lucia Figueira - 3 anos, Adriana Viturro - 4 anos, Manuel Vidal -5 Anos e de Primaria:  Iria Romero  – 1º Ciclo, Ainhoa Muñiz   –  2º Ciclo, Ana Caeiro  – 3º Ciclo e Tania Vidal – mención especial os cales recibiron os seus correspondentes premios.


A visita de Coco Noel está aquí

    No mes de decembro, no programa de Nadal, convidaron a “Coco Noel” e as súas Maxestades os Reis Magos os cales a parte de recoller as cartas, entregáronlle a tódolos cativos do centro un agasallo en nome da APA e convidaron a tódolos presente (nenos, profesores, familiares…) a degustación do roscón de reis acompañado dun chocolate.

Recadación de fondos en xaneiro

          Neste mes e co fin de recadar fondos para o programa cultural 2011, pon a venda rifas por valor dun euro cada boleto; o premio, unha cea de San Valentín. O premio consiste nun bono gastronómico, consistente nun menú degustación para dúas persoas no Restaurante Casa Isolina  de Taragoña o cal colabora ca APA Loureda para esta ocasión. A Directiva da APA espera ter a colaboración de todas as persoas posibles co fin de vender tódolos boletos.

    Así  mesmo, estase perfilando o programa do Antroido onde a APA colabora ca Dirección e Profesorado do colexio. Esta última actividade está previsto que se celebre o catro de marzo. Obradoiros, viaxes culturais, conferencias, actuacións e mesmo unha romaría son as actividades que se irán perfilando ao longo do curso 2010-2011.

Máis imaxes das actividades, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical